16 124 818 livres à l’intérieur 175 langues
2 047 051 livres numériques à l’intérieur 101 langues
Cela ne vous convient pas ? Aucun souci à se faire ! Vous pouvez renvoyer le produit dans les 30 jours
Impossible de faire fausse route avec un bon d’achat. Le destinataire du cadeau peut choisir ce qu'il veut parmi notre sélection.
Politique de retour sous 30 jours
Xesús Alonso Montero recolle neste libro cento vinte cartas derepublicanos galegos escritas despois de que recibiran oficialmente anoticia de que foran condenados á pena de morte. E o momento en quealgúns deciden despedirse, por escrito, dos seus: dos pais, dosirmáns, da muller, da noiva, dos amigos... Nalgúns casos,especialmente entre comunistas, do Partido. Ningún xénero literarioexpresa con máis emoción o drama da Guerra Civil (e das súasconsecuencias) que este tipo de cartas escritas polos republicanos nun momento en que toda esperanza estaba perdida. Hai, ademais,despedidas que son especialmente conmovedoras, e outras, dun certonivel literario, e todas, e cada unha, un documento histórico que nosfai deplorar as que xa se perderon para sempre e as que, por torpezaou incuria nosa, aínda non foron exhumadas. Un libro clave no procesode construción da memoria republicana de Galicia que, ademais,constitúe o primeiro corpus epistolar deste xénero, territorio eperíodo que se publica.